Xa hai una primeira versión completamente operativa en fase de probas
que pode ser descargada da sección descarga.
Esta versión permite compilar e utilizar dicionarios e inclúe todas
as características explicadas na sección descrición.
Porén, ademais de facer unhas probas máis exhaustivas sobre o que xa está
dispoñible, aínda nos quedan algunhas cousas que queremos mellorar:
- Extender os tipos de datos básicos que poden almacenar os dicionarios.
De momento só se poden empregar os tipos de datos guint32 (enteiro de catro bytes)
e gfloat (número en punto flotante).
- Habilitar a posibilidade de ter a información asociada ás palabras en disco
no autómata compilado. De momento só é posible xestionar esa información en memoria.
- Definir novas funcións de interpretación da información. Está desenvolvida
a posibilidade de referenciar un dicionario desde outro, pero sería interesante
definir outras funcións que permitan, incluso, o acceso a información externa
á propia libraría.
- Crear funcións para o acceso aos datos do autómata, evitando así o
acceso á información a baixo nivel.
- Incorporar algunha forma de devolver códigos de erro nalgunhas funcións.
Iremos realizando estas melloras na medida en que nos sexa posible.