Este traballo nace como continuación do proxecto fin de carreira da Universidade de Vigo, desenvolvido por María Nieves Fernández Formoso e dirixido por Fco. Mario Barcala Rodríguez: Implementación dunha libraría para o manexo eficiente de dicionarios de gran tamaño, ENI-235, levado a cabo no seo do grupo de investigación COLE.
A finalidade do proxecto é desenvolver unha libraría en C que permita xestionar, de forma eficiente e minimizando o consumo de memoria, dicionarios de grandes dimensións de moi diversa índole empregando, para iso, autómatas finitos acíclicos deterministas numerados. Entendendo por dicionario, neste contexto, calquera estructura que permita asociar ás entradas del (palabras) calquera tipo de información.
Para a súa realización combínanse os principios de construción de autómatas mínimos propostos por Jan Daciuk e outros no seu artigo Incremental Construction of Minimal Acyclic Finite-State Automata, cos conceptos desenvolvidos por Jorge Graña Gil e outros para a xestión da información asociada ás palabras en Compilation Methods of Minimal Acyclic Finite-State Automata for Large Dictionaries, resultando unha libraría útil en contornos nos que é necesario acceder de forma moi eficiente á información asociada ás palabras.
Copyright 2009, 2010, 2011, 2012, 2013 María Nieves Fernández Formoso, Francisco Mario Barcala Rodríguez, Jorge Graña Gil.
A libraría desenvolvida distribúese baixo os termos da Licenza Pública Xeral de GNU versión 3.